luns, 2 de outubro de 2023

Actividades curso 2023-24

Desde a Asociación Cultural Follas Novas organizamos cursos para todas as persoas que gustamos da música, o baile e a canción tradicional, sempre co ánimo de aprender e pasalo ben.

Para este curso contamos coas seguintes actividades:

  • Os venres, no local de Cruxeiras: 
    • 18.00-19.00h: Acordeón cromático e diatónico.
    • 19.00-20.00h: Gaita e percusión.
    • 20.00-21.00h: Violín (iniciación)
    • 20.30-21.30h: Baile tradicional para persoas adultas.
  • Os mércores, na escola de Música de Aldea Nova, aula 7: 
    • 19.30-20.30h: Pandeireta adultos.

O novo curso comezará o mércores 4 de outubro no local social de Aldea Nova, e o venres 6 de outubro no local de Cruxeiras.

Consultade os horarios e prezos e enviade un correo a follasnovas.ames@gmail.com cos vosos datos indicando as actividades nas que queredes participar ou se precisades máis información.

Apertas e vémonos axiña!






luns, 6 de marzo de 2023

Obradoiro de Música e Baile Irlandés e Nova Directiva

 


O sábado 11 de febreiro de 2023 a nosa asociación organizou un Curso de Música e Baile Irlandés no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.

Este curso foi impartido por Denis O Tool e Carmen O Leary, dous prestixiosos músicos irlandeses residentes en Compostela.

Pola mañá tivo lugar o de música, ao que asistiron 20 persoas, que puideron achegarse a esta música.

Pola tarde Denis O Tool, mestre de baile, amosounos come se bailan as polcas de Kerry (sur de Irlanda), cunha gran asistencia (36 persoas).

Realmente todos os asistentes quedaron gratamente impresionados con este tipo de baile.

Ao finalizar o curso tivo lugar un pequeno acto de recoñecemento a Carmen García e Suso Lamas por tantos anos ao fronte da nosa asociación.

O acto finalizou cunha entrega de agasallos e mostras de cariño para Suso e Carmen.

Para ver o vídeo deste evento, preme na icona 



Para ver máis fotografías, preme na icona


luns, 6 de xaneiro de 2020

A Requinta da Amaia no Concerto de Nadal

A Requinta da Amaia da nosa Asociación participa no Concerto de Nadal que organiza o Concello de Ames.
A cita é o sábado 4 de Xaneiro de 2020 ás 19.30h. na Casa da Cultura de Milladoiro.
Aproveitamos para desexarvos Bo Aninovo!

luns, 11 de novembro de 2019

A Requinta da Amaía no magosto de Barouta

Chega o magosto ao Pavillón do CEIP de Barouta organizado polo CEIP de Barouta e a ANPA San Mauro.
Será o venres 22 de novembro a partires das 16.30h.
A Requinta da Amaía acompañaremos con música esta festa.
A recaudación será para a viaxe do alumnado de 6º de primaria.
Vinde a divertirvos e colaborar!

venres, 5 de xullo de 2019

Actividades da Asociación Follas Novas para 2019-2020

Un ano máis, dende a Asociación Cultural Follas Novas, organizamos cursos para todas as persoas que gostamos da música, o baile e a canción tradicional, sempre co ánimo de aprender e pasalo ben.

Para este curso contamos coas seguintes activides:
  • Os venres, no local de Cruxeiras: 
    • Acordeón cromático e diatónico.
    • Baile de adultos.
  • Os sábados, en Aldea Nova: 
    • Baile e pandeireta de cativos.
    • Pandeireta iniciación.
    • Pandeireta perfeccionamento.
    • Gaita iniciación.
    • Gaita perfeccionamento.
    • Percusión.
    • Violín.
    • Cantos de taberna.
    • Ensaio da Requinta da Amaia.
O novo curso comezará o venres 4 de outubro no local de Cruxeiras e o sábado 5 de outubro en Aldea Nova.

Consultade os horarios e prezos e enviade un correo a follasnovas.ames@gmail.com cos vosos datos indicando as actividades nas que queredes participar ou se precisades máis información.

Apertas e vémonos axiña!

mércores, 26 de xuño de 2019

Festa de fin de curso da Asociación Cultural Follas Novas

Chegamos ao remate das actividades da Asociación e queremos celebralo cunha festa.
A cita é o sábado 29 de xuño ás 12.00h no campo da festa de Piñeiro.
Trae algo de xantar e beber e moitas gañas de cantar, tocar, bailar e pasalo ben. Podes invitar a quen queiras.
Descansade no verán e vémonos de novo en outubro.



A Requinta da Amaia na Noite Meiga de Piñeiro

A Asociación d Veciños de Piñeiro celebra a súa Noite Meiga no campo de baile o sábado 22 de xuño a partires das 9.30h. do serán.
Bo xantar e moitas gañas de pasalo ben.
Nós, a Requinta da Amaia, poñemos a música.
Vén saltar a cacharela e disfrutar desta noite.
Agardámoste!