venres, 13 de setembro de 2013

Comezo das actividades da asociación no curso 2013-2014


Comezamos un novo curso coas activades fixas que organiza a asociación.
Todas as actividades serán no IES de Ames en Bertamiráns.
Ademais temos como novidades:
  •  as actividades de violín, mandolina e guitarra con Oles Savchuk
  • o profesor de acordeón cromático será Marcos Varela.
Indicarvos que as actividades comezan o venres, 4 de outubro, no caso de
  •  baile de adultos en horario de 20.30 a 21.50h., no ximnasio do IES de Ames
  • acordeón cromático en horario de 20.30 a 22.30h. en aulas do IES de Ames
  • violín, mandolina e guitarra en horario de 20.30 a 22.30h. en aulas do IES de Ames.
O resto das actividades (canto, pandeireta e baile para cativos; gaita; acordeón diatónico; requinta; canto e pandeireta; percusión; ensaio da "Requinta da Amaía") comezan o sábado 5 de outubro pola mañán a partires das 10.30h. tamén no IES de Ames.
Consultade os novos horarios e prezos e enviade un correo a follasnovas.ames@gmail.com cos vosos datos indicando as actividades nas que queredes participar ou se precisades máis información.
Vémonos axiña!

Ningún comentario:

Publicar un comentario